HorariosMestre

Instrumento musical pertencente á familia de vento madeira.

Desenvolvido por Adolf Sax no ano 1840, célebre fabricante de instrumentos, nado en Bruselas e que logo se trasladou a Paris con obxeto de explotar mellor o seu invento.

Ó principio tiña 18 chaves. A súa extensión cromática comprendía dende o Si natural grave (B) ó Re natural agudo (D).

Dende entón evolucionou bastante. Actualmente os saxofóns teñen unha extensión cromática que vai dende o Si bemol grave (Bb) ata o Fa sostenido agudo (F#). Exiten modelos recentes que xa chegan ó Sol agudo (G).

Actualmente a familia dos saxofóns está comprendida por seis instrumentos. Dende o máis agudo o máis grave son:

Sopranino (Eb), Soprano (Bb), Alto (Eb), Tenor (Bb), Barítono (Eb) e Baixo (Bb).

O sopranino e o baixo son moi pouco habituáis. Do resto de instrumentos os máis usados son o alto e o tenor. O barítono xa ten un uso difundido nas bandas de música.

O uso preferente do saxofón dase nas bandas de música e sobre todo encontrou un oco importante no mundo do Jazz onde é practicamente un instrumento indispensable.

Información obtida de wikipedia.org. Máis información: http://en.wikipedia.org/wiki/Saxophone

HORARIOS DE CLASE

Distintos horarios nos que se imparte a especialidade.

CONTIDOS DA ASIGNATURA

Estructura do Curso deste Instrumento.

MESTRE:

Breve Curriculo do Mestre desta especialidade.