HorariosMestre

O Trombón é un instrumento musical da familia de “vento – metal”. Ten un timbre máis grave que a trompeta e máis agudo que a tuba. A persoa que toca o trombón coñeceselle como trombonista.

A palabra trombón deriva do Italiano, tromba (trompeta) e one (sufixo para indicar largo). Literalmente, trombón quere dicir “trompeta grande”. Na literatura sinfónica, o trombón é chamado polo seu nome en outros idiomas: posaune, sackbut ou sacbut, basun, tromba spezzata.

O trombón encontrase normalmente en orquestas sinfónicas e bandas militares, así como en conxuntos de metais. Son tamén habituais no Jazz, Salsa e Ska.

O trombón consiste nun tubo cilíndrico dobrado de forma alongada en “S” (é interesante notar que en Frances a palabra trombone significa “clip de papel”). A maioría dos trombóns son os coñecidos com “de vara”. Esta vara permite o instrumentista cambiar a lonxitude do instrumento, facendo que cambie o ton do instrumento. Algúns trombóns teñen pistóns ou válvulas que sustitúen a vara (trombón de pistóns).

Ata o século XVIII., ó trombón chamábano sackbut (“tira – empuxa” en Francés) no idioma Inglés. O sackbut era máis pequeno que os trombóns modernos e tiña unha campá máis cónica e menos aberta.

O trombón está construido en cinco tamaños que definen o seu rexistro: Soprano, Alto, Tenor, Baixo e Contrabaixo.

Información obtida de wikipedia.org. Máis información: http://en.wikipedia.org/wiki/Trombone

HORARIOS DE CLASE

Distintos horarios nos que se imparte a especialidade.

CONTIDOS DA ASIGNATURA

Estructura do Curso deste Instrumento.

MESTRE:

Breve Curriculo do Mestre desta especialidade.