Calendario de Actuacións 2014

Xullo

5

Sábado

Festas en Coia (pola mañan)

10:00h

5

Sábado

Audición Fin de Curso da Escola de Música
CVC Valladares

19:00h

6

Domingo

Festas en San Pedro de Sarandón (Vedra)

 

13

Domingo

Festas en Catoira

 

23

Mércores

Concerto en Castrelos
(Banda e Orfeón Rey Rivero)

21:00h

25

Venres

Dia de Galicia en Madrid
Concerto na Praza Maior

21:00h

31

Xoves

Concerto en Matamá

21:00h

 

Agosto

8

Venres

Concerto na Praza da Princesa
(Patrocina Concello de Vigo)

20:00h

10

Domingo

Festa Veciñal no Monte dos Pozos

 

11

Luns

Festas de San Lourenzo en Coruxo (pola mañán)

 

16

Sábado

Festas en Torneiros (Porriño)

 

17

Domingo

Festas en Cuntis

 

23

Sábado

Concerto na Praza da Princesa

20:00h

24

Domingo

Concerto en Navia (Teixugueiras)

12:00h

31

Domingo

Festas de San Campio en Valladares

 

 

Setembro

7

Domingo

Festas en Vedra (A Coruña)

 

14

Domingo

Festas en Pereiras (Porriño)  

22

Luns

Festas na Pobra do Caramiñal (A Coruña)  

Curso de Dirección ofrecido polo mestre Marcel van Bree

Cartel curso dirección musicalA banda Unión Musical de Valladares e o mestre Marcel van Bree organizan un curso de dirección musical de octubre de 2013 a xuño de 2014.

O curso pretende ofrecer un concepto técnico/interpretativo para a dirección musical a través do estudo e análisis dun repertorio que abarca diferentes épocas, estilos, formas e conxuntos; formando así unha selección representativa de diferentes tradicións musicais, co fin de aplicar este concepto ao repertorio bandístico que se axusta aos intereses do alumnado.

O curso está dirixido a directores ou músicos interesados na dirección musical preferentemente con estudos superiores. O curso consta de 10 clases teórico-prácticas de 4 horas, ensaios coa banda Unión Musical de Valladares e un concerto de clausura (xuño de 2014).

 

>> Descargar Bases do Curso de Dirección

Novo CD da Unión Musical de Valladares á venda

Portada CDCo título "Ao Son da Banda", a Unión Musical de Valladares acaba de publicar este doble disco cheo de pezas galegas e españolas que farán as delicias dos amantes da música de banda.

Trátase dunha edición moi coidada que inclúe:

CD1
Pasodobles, jotas e muiñeiras gravadas este verán pola banda. Dende clásicos como "La del Manojo de Rosas" ou a recopilación de temas populares galegos "Foliadas" ata pasodobles de recente creación como "Al Maestro", de Víctor Fernández,  "A Muiñeira dos Pendellos" de Juan Lois Diéguez ou a jota "A Miña Pequena" de Felipe Codina.

 

CD2
Recolle a gravación en directo da Gala Lírica de Primavera que a Unión Musical de Valladares ofreceu o pasado 18 de maio no Teatro Centro Cultural NCG-Vigo.

A primeira parte do concerto foi unha homenaxe á cidade de Vigo coas pezas do noso amigo e compositor Xavier Comesanha: o pasodoble "Beade" e a sinfonía para banda "Vigolívica".

Na segunda parte contamos coas magníficas interpretacións da soprano Teresa Novoa. Unha selección de pezas clásicas da mellor zarzuela española nas que a banda e a soprano pasan por "La Revoltosa" de Chapí, "La Gran Vía" de Chueca ou os "Gigantes e Cabezudos" de Guerrero.

 

Para adquirir o doble disco por só 10 euros podedes:

- poñervos en contacto connosco no teléfono 657 969 653
- achegarvos á banda en calquera das súas actuacións.

Escola de Música - Matrícula aberta para o curso 2013/14

Está aberto o prazo de matrícula para o curso 2013/14, tanto para a inscrición de novos alumnos coma para a renovación dos alumnos xa matriculados.

  • Música en movemento: alumnos de 4, 5 e 6 anos
  • Iniciación á linguaxe musical: alumnos de 7 anos
  • Linguaxe musical, música en conxunto e especialidade de instrumentos

Máis información: na escola de música da Unión Musical de Valladares

Estrada Xeral de Valladares, 233
Valladares (Vigo) Pontevedra 36314 España
Tf. 657969653