Concerto Gala Lírica de Primavera

CartelSábado 18 de maio de 2013, ás 20:30

Teatro do Centro Cultural Novacaixagalicia de Vigo (Teatro García Barbón)

Neste concerto a Unión Musical de Valladares ofrecerá un programa en dúas partes:

1ª. Homenaxe á cidade de Vigo, co director convidado Xabier Comesanha.

2ª. Gala Lírica, acompañaremos a fermosa voz da soprano Teresa Novoa nunha selección de pezas de zarzuela.

A entrada é gratuita e libre ata completar o aforo do teatro.

Quedades todos convidados!

Nova páxina web

A Unión Musical de Valladares estrea nova web. Nos próximos días irase mudando o contido da antigua páxina, así como novas fotos, vídeos...

Discografía

Carátula Disco 2002
  1. DESDE MI RINCÓN
    Pasodoble de Bernardo Cortés
  2. NEGRA SOMBRA
    Balada Galega. Música de Juan de Montes. Letra de Rosalía de Castro
  3. BRISAS DE MÁLAGA
    Pasodoble de Pascual Marquina
  4. VIVA GALICIA
    Xota Galega de José Pena
  5. DOS HERMANOS
    Pasodoble de Hernán Cortés
  6. SANGUE DE ARTISTA
    Pasodoble de Jaime Teixidor
  7. BRISAS AROUSANAS
    Pasodoble de Manuel Iglesias Domínguez
  8. DESFILANDO
    Marcha de José Iglesias Ramilo
  9. INQUEDANZAS CULTURAIS
    Pasodoble de Concerto de R. Domenech Pardo
  1. NAMORIQUEIRA
    Muiñeira de Xosé Carracedo
  2. SANTANDER
    Pasodoble Montañés de R. Rosillo
  3. MUY CERCA
    Popurri de José Iglesias Ramilo
  4. AGÜERO
    Pasodoble de Xosé Franco
  5. TROULADA
    Xota de José Iglesias Ramilo
  6. RUBORES
    Pasodoble de Pascual Marquina
  7. MARUXIÑA
    Muiñeira de José Iglesias Ramilo
  8. CANTIGAS E AGARIMOS
    Pasodoble Galego de Bernardo delRío
  9. CABALLO VIEJO
    De S. Diáz (Instrumentación de José Iglesias Ramilo)
Ano 2002 - Total duración: 1 hora 14 min.

 

Carátula Disco 1999
  1. DOS HERMANOS
    Pasodoble de Hernán Cortés
  2. RUBORES
    Pasodoble de Pascual Marquina
  3. ELECTRO-RADIO COMESAÑA
    Marcha de José Iglesias Ramilo
  4. EVOCACIÓN
    Pasodoble de Emilio Cebrián
  5. MUY CERCA
    Popurri de José Iglesias Ramilo
  6. ROJOSA
    Pasodoble de Rafael Taléns Pello
  7. AGÜERO
    Pasodoble de José Franco
  8. DAVIA SORIANO
    Marcha de Manuel Iglesias Domínguez
  9. NAMORIQUEIRA
    Muiñeira de José Carracedo
  10. LA COPA DE LA VIDA
    Popurri de José Iglesias Ramilo

Ano 1999 - Total duración: 42 min. 6 seg.

 

Carátula Disco 1994
  1. ATENEO MUSICAL
    Pasodoble de Mariano Puig
  2. DE RIBADAVIA A PONTEVEDRA
    Pasodoble Galego de A. Campo
  3. MONOVAR
    Pasodoble de Miguel Villar
  4. BRISAS DE MALAGA
    Pasodoble de Pascual Marquina
  5. TODO SON NUBES
    Pasodoble de R. de San José
  6. XACOBEO - 93
    Pasodoble Galego de José Iglesias Ramilo
  7. VIVA GALICIA
    Xota Galega de José Pena
  8. CABALLO VIEJO
    De S. Díaz (Adaptación de José Iglesias Ramilo)

Ano 1994 - Total duración: 33 min. 22 seg.

 

Carátula Disco 1991
  1. CON ARTE Y DELICADEZA
    Pasodoble de Alfonso Salvatierra
  2. FERREIRA DE PALLARES
    Escenas Galegas de Carricova
  3. KROUGER
    Pasodoble de Camilo Laporta
  1. BRISAS AROUSANAS
    Pasodoble de Manuel Iglesias Domínguez
  2. LA LEYENDA DEL BESO
    Selección de Soutullo y Vert
  3. AL PASO DE LA BANDA
    Marcha de José Iglesias Ramilo
Ano 1991 - Total duración: 1 hora 14 min.

 

Carátula Disco 1983
  1. MARUXIÑA
    Muiñeira de José Iglesias Ramilo
  2. A LENDA DE MONTE LONGO
    Escenas Galegas de Bernardo del Río
  3. DESDE MI RINCÓN
    Pasodoble de Bernardo Cortés
  4. NEGRA SOMBRA
    Balada Galega - Música de Juan Montes - Letra de Rosalía de Castro
  5. FOLIADA
    Popular. Harmonización Coro: Rey Ribero. Arranxos: José Iglesias Ramilo.
  6. SAN BENITIÑO
    Popular - Harmonización Coro: Rey Ribero. Arranxos: José Iglesias Ramilo
  7. LAI VAI
    Popular - Harmonización Coro: Rey Ribero. Arranxos: José Iglesias Ramilo.
  8. TERRA MEIGA
    Música y letra de Rey Rivero. Arranxos: José Iglesias Ramilo
  9. DE MARÍN A PORTONOVO
    Popular. Harmonización Coro: Rey Rivero. Arranxos José Iglesias Ramilo
Ano 1983 - Total duración: 42 min. 34 seg.

Se desexa ter algun dos nosos discos non dude en escribirnos ó noso enderezo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., na maior brevidade posible porémonos en contacto con vostede para facerlle chegar a copia do disco.

Por favor, indique na mensaxe o disco que lle interesa mediante o ano de edición, así como a información necesaria para porse en contacto con vostede.

 

Currículo do Director

José Iglesias RamiloD. José Iglesias Ramilo é natural e veciño de Valladares (Vigo), membro dunha familia numerosa moi vencellada á música, pois seu pai e a maioría dos seus irmáns son (ou teñen sido) tamén compoñentes da banda que el mismo dirixe.

Inicia os seus estudios musicais ós dez anos na Escola de Música da Unión Musical de Valadares e ós once anos xa forma parte da banda tocando o clarinete baixo a batuta do profesor D. Alfonso Méndez, quen, anos máis tarde, en 1971, o propuxo para sucederlle na dirección da banda.

Así pois desde 1971, cando contaba tan só con 14 anos, é o director da Unión Musical de Valadares.

Cursou estudios nos conservatorios de Vigo, A Coruña e Madrid. Por oposición consegue en 1978 unha praza de suboficial músico do exército de Terra, tocando o oboe, praza á que renuncia en 1985 para dedicarse plenamente á dirección da Unión Musical de Valadares, á Escola de Música de Valadres e á dirección da Coral do Centro Cultural de Valadares.

Atribúeselle o rexurdimento da banda, que, baixo a súa dirección, obtivo os maiores éxitos da súa historia e en 1966, con motivo de cumplirse os 25 anos á fronte desta, o Centro Cultural de Valadares e maila Unión Musical de Valadares organizan un acto homenaxe ó seu director

Conta no seu haber con numerosas composicións, das que podemos citar entre outras os pasodobres "Centro Cultural", "Desfilando", "Al paso de la banda", "Electro Radio Comesaña", marchas de procesión "Santa Cecilia", "El buen pastor", xotas "Troulada", "Os romeiros", etc, e é especialista en instrumentación de música de baile para banda.

Nos anos 1994 e 1995, o titular de Cultura do Concello de Vigo D. Francisco Santomé, encárgalle a formación dunha banda sinfónica con músicos seleccionados entre as bandas da bisbarra, para ofrecer con grande éxito diversos concertos, polo que é condecorado coa insignia de ouro do Concello de Vigo.

Premio ó seu labor musical en Valadares, en 1998 a corporación municipal viguesa, a proposta do Ilmo. Sr Alcalde de Vigo, D. Manuel Pérez Álvarez, noméao vigués distinguido.