Currículo do Director

    José Iglesias RamiloD. José Iglesias Ramilo é natural e veciño de Valladares (Vigo), membro dunha familia numerosa moi vencellada á música, pois seu pai e a maioría dos seus irmáns son (ou teñen sido) tamén compoñentes da banda que el mismo dirixe.

    Inicia os seus estudios musicais ós dez anos na Escola de Música da Unión Musical de Valadares e ós once anos xa forma parte da banda tocando o clarinete baixo a batuta do profesor D. Alfonso Méndez, quen, anos máis tarde, en 1971, o propuxo para sucederlle na dirección da banda.

    Así pois desde 1971, cando contaba tan só con 14 anos, é o director da Unión Musical de Valadares.

    Cursou estudios nos conservatorios de Vigo, A Coruña e Madrid. Por oposición consegue en 1978 unha praza de suboficial músico do exército de Terra, tocando o oboe, praza á que renuncia en 1985 para dedicarse plenamente á dirección da Unión Musical de Valadares, á Escola de Música de Valadres e á dirección da Coral do Centro Cultural de Valadares.

    Atribúeselle o rexurdimento da banda, que, baixo a súa dirección, obtivo os maiores éxitos da súa historia e en 1966, con motivo de cumplirse os 25 anos á fronte desta, o Centro Cultural de Valadares e maila Unión Musical de Valadares organizan un acto homenaxe ó seu director

    Conta no seu haber con numerosas composicións, das que podemos citar entre outras os pasodobres "Centro Cultural", "Desfilando", "Al paso de la banda", "Electro Radio Comesaña", marchas de procesión "Santa Cecilia", "El buen pastor", xotas "Troulada", "Os romeiros", etc, e é especialista en instrumentación de música de baile para banda.

    Nos anos 1994 e 1995, o titular de Cultura do Concello de Vigo D. Francisco Santomé, encárgalle a formación dunha banda sinfónica con músicos seleccionados entre as bandas da bisbarra, para ofrecer con grande éxito diversos concertos, polo que é condecorado coa insignia de ouro do Concello de Vigo.

    Premio ó seu labor musical en Valadares, en 1998 a corporación municipal viguesa, a proposta do Ilmo. Sr Alcalde de Vigo, D. Manuel Pérez Álvarez, noméao vigués distinguido.

    Please publish modules in offcanvas position.